" Debezo de paixón por aquel sentir que nos da a música que fala de nós e nos fai sentir Galiza, dende este curruncho do cosmos o val  do voso Cuntis, O noso Baño, terra de castros, termas, bos canteiros, pegadas dos romanos e Blanco torres asasinado. Día a día hai unha luz que me rousa a tecer  porque tomemos pronto, xa, conciencia dos valores propios, bos e xenerosos, orixináis e difereciadores que temos como pobo e cultura dentro dun marco de universalidade.

Os tempos son chegados...".

 

 

 

 

 

 

 

 "Orballo" foi o primeiro traballo discográfico no ano 1999 "Edicións do cumio"  adicado á memoria da figura de Roberto Blanco Torres, poeta e xornalista de Cuntis, que fora asasinado na guerra civil e posteriormente homenaxeado no día das letras galegas o 17 de Maio de 1999 "CHOVE"  composicións de corte intimista e repletas de gavanzas á terra,  á xente e ás costumes tradicionáis. Cabe destacar "O mar de Sampedro" adicado á vida de Ramón Sampedro, e o prólogo realizado por  Ángel Núñez Sobrino. No 2003 colabora  tamén con Astarot,  A quenlla  e nun recopilatorio de música Child Out e no 2004 participa noutro disco titulado "Así é a miña terra"  con artistas como Xil Rios, Suso Vaamonde, Astarot, A Quenlla, Seare etc... producido por Alfredo Garrido de "2001 producciones". No ano 2007 grava un novo disco adicado á poetisa María Mariño Carou "A MARÍA MARIÑO" e no 2008 2001producctions edita un disco de artistas galegos no cal se incluen temas de Manoele. Musicaliza tamén nese ano a Álvarez Blazquez. En 2010 presenta poesía viva coa musicalización de esritores como Miguel A. Fernán Vello, Antón Reixa, Pilar Pallarés, Xosé Luna...No 2011 fai un traballo de literatura infantil co  libro de Rosalía Morlán "A coitada Lúa"e algúns poemas de X. Neira Vilas. No 2012 Pon música e voz ó libro de  poemas de X. Fernández Abella "poemas de amor, loanza, condena e outros", Musica o poemario infantil "Estrelas de Azucre" De Rosalía Morlán. Homenaxea a Valentín Paz Andrade musicando catro poemas e pon ritmo ó libro "Sol Rebulideiro" de Xosé Luna

 

Unha vez máis Manoele, coa especial tenrura da súa doce voz e a sensibilidade das súas composicións, homenaxea unha das nosas ilustres das Letras Galegas, María Mariño Carou. Deleitarse coa poesía convértese a en algo máis ca unha lectura, deixarnos acariñar por esta interpretación melódica achéganos a unha reflexión interior que nos permite mergullarnos para intentar comprendernos a nós fronte ó mundo en que vivimos. Para as mulleres que  hoxe en día seguimos tendo medo de “bogar no mar calmo”,sentindo perto de nós ese temor a romper coas cadeas dunha inxusta tradición que inda non esmoreceu, as letras da nosa poeta poden alentarnos a albiscar un fío de esperanza. Novamente mensaxes de esperanza nas  músicas de Manoele, quen confía en que “hai un lugar na fonda carballeira dos homes na que existe o ben, dese lugar onde saen os bicos, desexos de que vaia ben...”

Ese mesmo lugar no que xa en moitos e moitas, naceu a oportunidade de xerar unpensamento violeta para o soño do futuro... o futuro da igualdade.
                                                                                          
             Rocío Vázquez Fernández   (Ó meu irmán, mentor e filósofo de habitación)

 

MÚSICA

SOÑANDO O FUTURO

ONDAS DO MAR DE VIGO

VERDE

ADIOS RIOS ADIOS FONTES

DUETO CON SABELA

VIDEOS

entrevista

o mar de sampedro

ESCOITAR DISCO

NOVAS

A MARIA MARIÑO

NOVA GALEGA DE DANZA

VARELA BUXÁN

FORO DA MULLER

FRANCISCO PILLADO

ENCONTRO IRMANDIÑO

ESTRELAS DE AZUCRE

COS  CATIVOS ENFERMOS

FERNÁNDEZ ABELLA

NEIRA VILAS

RECIBE O TEU  CD POR CORREO, INFÓRMATE ESCRIBINDO  A: LIMONGRUPO@HOTMAIL.COM

 

 

 

                                                                                            ESTA ES LA WEB OFICIAL DEL CANTANTE GALLEGO Y PRODUCTOR MANOELE DE FELISA MANOELE GRUPO LIMON LIMONPRODUCCIONS

A WEB OFICIAL DO CANTAUTOR GALEGO MANOELE DE FELISA

LIMON PRODUCCIONS